sábado, 25 de abril de 2015

RECUPERACIÓN CASCO VELLO DE PONTEAREAS


Este proxecto radica na recuperación do patrimonio antigo, cultural e etnográfico da zona coñecida como “casco vello” onde naceu a vila de Ponteareas.

Arco da antiga iglesia de San Gregorio encostrado nunha estructura
 posterior que pasaría logo a ser o baile, contan quefai entorno 
 70 anos no baile inda se podería ver o altar da igrexa.
Desta forma tratase de recuperar a historia e tradicións dos inicios da vila e seu proceso de crecemento durante os séculos e diferentes fases. O estado actual da zona vella e ruinoso e abandono, conservando súas estruturas de forma parcial pero que inda nos dan unha visión como era a nosa vila fai un século atrás. Tamén inda quedan restos dos inicios que poden datar de entorno o século XVII pero que foron modificados por construcións posteriores como a igrexa de San Gregorio ou antiga Praza Maior, a día de hoxe case desaparecida co nome de Recuncho da Praza Vella.

Para a recuperación da zona vella imos por 3 puntos primarios para seu inicio e logo desenrolo.


  • Antigo lugar da Praza Maior e principal da antiga Ponteareas, 
    por onde pasaba a Brea Vella (Camiño Real)
    Creación de un circuíto interno de información, con paneis informativos para ir chamando a atención e dar importancia o ben que se pretende recuperar. Nel recordarse o inicio da vila e os puntos de interese, como a antiga Igrexa de San Gregorio, Praza Maior ou o a Brea Vella, que sería o primeiro Camiño Real. Logo tamén se informaría do crecemento e desenvolvemento da vila, a expansión pola Rúa San Gregorio (que morre enfronte o que era a igrexa e ía cara Salvaterra-Portugal) cara a praza maior e redores, edificios pintorescos e históricos como o antigo concello, mercado ou a casa do primeiro cineasta galego, José Gil.
  • Antiga Brea Vella ou Camiño Real antes
     de chegar a antiga Praza Maior.
    Recuperación polo concello dos edificios máis históricos e destacados para súa recuperación e diferentes usos, o igual que acondicionamento das rúas do casco.
  • Posta en valor do casco vello para súa rehabilitación ordeada e planificada respetando a estética e lugares históricos, así como rehabilitar lugares e vivendas para diferentes usos, como o que queria recuperarse para a fundación Rogelio Groba ou o Centro Social a Tomasa. Tamén lugares gardados a artesanía e folclore popular da zona e a algo moi interesante, vivenda social.






  • Vista aerea do casco vello
    Tamén aparte do casco vello por en valor e mencionar dende a información do mesmo outros puntos da vila como a casa de Reveriano Soutullo (A Castiñeira) ou a Ponte dos Remedios, onde trataríase de facer unha ruta interactiva na que visitar todo.


    Autor: Jonathan Zúñiga.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario