Hoxe, despois de anos do inicio da
crise, en plena descomposición progresiva de este modelo económico e de
goberno, faise preciso democratizar o noso concello para dar unha
solución colectiva, eficaz e xusta ás demandas de unha maioría popular.
Polo tanto, imos adicar o noso esforzo, a nosa intelixencia e a nosa
valentía en comezar a recupera-la democracia dende o municipio, onde a
cidadanía está máis próxima a os espazos de toma de decisións e onde, ao
mesmo tempo, vive os seus problemas. Non podemos conquista-la
democracia no noso país senón acabamos coas redes clientelares e
caciquís do ladrillo e a banca, das concesións administrativas para
amigotes e, en xeral, coa densa e escura trama de intereses
público-privados que furtaron de forma sistemática as liberdades e a
capacidade de decidir da cidadanía. Para erradicar estes males e poder
empezar a gañar o noso país creemos que os mellores principios a hora de
dirixi-la nosa acción no ámbito municipal son:
2)participación cidadá
Queremos construír unha candidatura cidadá de unidade popular. Queremos
facelo con os nosos veciños e veciñas, abertos á cidadanía, para que
sexa un reflexo da nosa sociedade e non outra sopa de siglas máis, de
cousas vellas. En definitiva, queremos e precisamos unha candidatura
cidadá, capaz de recupera-lo municipio para a maioría social, vertebrada
polos principios da participación cidadá e a transparencia escrupulosa
nas nosas prácticas. Unha candidatura de unidade popular que combata a
corrupción e poña en marcha un plan integral para erradicar da xestión
do concello e empresas públicas locais as redes clientelares e caciquís
que nos teñen levado a actual situación. Propiciar un modelo de goberno
municipal transparente e honesto coa xestión dos recursos do noso
concello, non só os económicos.