xoves, 21 de maio de 2015

Propostas educación


Aqui vos presentamos unha serie de propostas de educación formuladas polo noso candidato a alcaldía Manuel Troncoso:

INTRODUCCIÓN

1. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
2. CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.
3. COORDINACIÓN ENTRE AS CONCELLERÍAS E CANLES DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
4. DESEÑO DOS MAPAS ESCOLARES.
5. MANTEMENTO DOS CENTROS ESCOLARES.
6. UTILIZACIÓN DOS CENTROS ESCOLARES.
7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
     a. Comedores escolares.
     b. Actividades extraescolares
     c. Actividades de conciliación en períodos non lectivos
8. ATENCIÓN SOCIAL Á INFANCIA, COORDINADA COS SERVIZOS EDUCATIVOS
COMPLEMENTARIOS.
9. ACTIVIDADES CULTURAIS: AS ESCOLAS DE MÚSICA.
10. EDUCACIÓN AMBIENTAL.
11. ACCESIBILIDADE DAS DOTACIÓNS COMUNITARIAS.
12. A INTEGRACIÓN DA OFERTA FORMATIVA COA REALIDADE LABORAL E
ECONÓMICA.
13. DEPORTE E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
14. ORGANIZACIÓN DO TRÁFICO. NOMEADAMENTE ENTRADA E SAÍDA DOS
CENTROS ESCOLARES.
15. CIDADE INFORMADA.
16. CIDADE EDUCADORA.


mércores, 20 de maio de 2015

sábado, 16 de maio de 2015

domingo, 3 de maio de 2015

sábado, 25 de abril de 2015

RECUPERACIÓN CASCO VELLO DE PONTEAREAS


Este proxecto radica na recuperación do patrimonio antigo, cultural e etnográfico da zona coñecida como “casco vello” onde naceu a vila de Ponteareas.

Arco da antiga iglesia de San Gregorio encostrado nunha estructura
 posterior que pasaría logo a ser o baile, contan quefai entorno 
 70 anos no baile inda se podería ver o altar da igrexa.
Desta forma tratase de recuperar a historia e tradicións dos inicios da vila e seu proceso de crecemento durante os séculos e diferentes fases. O estado actual da zona vella e ruinoso e abandono, conservando súas estruturas de forma parcial pero que inda nos dan unha visión como era a nosa vila fai un século atrás. Tamén inda quedan restos dos inicios que poden datar de entorno o século XVII pero que foron modificados por construcións posteriores como a igrexa de San Gregorio ou antiga Praza Maior, a día de hoxe case desaparecida co nome de Recuncho da Praza Vella.

xoves, 16 de abril de 2015

RECUPERACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL EN PONTEAREAS


O Polígono da Lomba.


Algunhas naves do parque.
Na actualidade a situación Ponteareán no sector industrial e nefasta, atopándonos nunha das zonas máis industriais da Galiza como e a area de Vigo, a estas alturas no ano 2015 Ponteareas inda non ten ningunha zona industrial legal nos seus lindes, e parte da súa industria de antano xa cerrou súas portas.

domingo, 12 de abril de 2015

RESULTADOS DAS PRIMARIAS DE A RIADA DO TEA




En primeiro lugar queremos aradecer o esforzo e a ilusión de tantas persoas á hora de participar neste proceso ‪#‎PrimariasARDT‬ para a escolla do noso número 1, xuntos/as poderemos dar o cambio, adiante!

Das 81 persoas firmantes do manifesto de ARDT 76 acudiron á convocatoria de hoxe, o cal supón un 93.8% de participación.
En canto ao escrutinio os resultados son os seguintes:

martes, 7 de abril de 2015

Candidatos #PrimariasARDT


O vindeiro Sábado 11 de abril, no Centro Social Municipal celebranse as votacións presenciais das primarias abertas de A Riada do Tea.

Por orde de inscipción, os candidatos:


luns, 30 de marzo de 2015

Páxina do programa colaborativo



Poñemos en marcha a ferramenta para traballar no programa telemáticamente.
Podes acceder a ela aquí:

http://programaardt.blogspot.com.es/

xoves, 26 de marzo de 2015

Primarias e programa colaborativo


Saúde compañeiros e compañeiras, seguramente moit@s de vos os preguntabades por estas dúas ferramentas que outras candidaturas de unidade popular xa teñen en marcha.

Pois ben, ao logo da vindeira fin de semana iremos publicando no Blogue, facebook e twitter os regulamentos e prazos das #primariasARDT e a páxina do programa, onde se incluirán as propostas recollidas ata o de agora e poderedes facer as vosas propias, ademais, como non, de comentar e darlle difusión a aquelas que vos semellen máis interesantes para a vila.

Estade atentos as redes, as novas formas de participar na política están a piques de chegar a Ponteareas.

domingo, 22 de febreiro de 2015

A Riada do Tea

Hoxe, despois de anos do inicio da crise, en plena descomposición progresiva de este modelo económico e de goberno, faise preciso democratizar o noso concello para dar unha solución colectiva, eficaz e xusta ás demandas de unha maioría popular. Polo tanto, imos adicar o noso esforzo, a nosa intelixencia e a nosa valentía en comezar a recupera-la democracia dende o municipio, onde a cidadanía está máis próxima a os espazos de toma de decisións e onde, ao mesmo tempo, vive os seus problemas. Non podemos conquista-la democracia no noso país senón acabamos coas redes clientelares e caciquís do ladrillo e a banca, das concesións administrativas para amigotes e, en xeral, coa densa e escura trama de intereses público-privados que furtaron de forma sistemática as liberdades e a capacidade de decidir da cidadanía. Para erradicar estes males e poder empezar a gañar o noso país creemos que os mellores principios a hora de dirixi-la nosa acción no ámbito municipal son:

1)transparencia

2)participación cidadá


Queremos construír unha candidatura cidadá de unidade popular. Queremos facelo con os nosos veciños e veciñas, abertos á cidadanía, para que sexa un reflexo da nosa sociedade e non outra sopa de siglas máis, de cousas vellas. En definitiva, queremos e precisamos unha candidatura cidadá, capaz de recupera-lo municipio para a maioría social, vertebrada polos principios da participación cidadá e a transparencia escrupulosa nas nosas prácticas. Unha candidatura de unidade popular que combata a corrupción e poña en marcha un plan integral para erradicar da xestión do concello e empresas públicas locais as redes clientelares e caciquís que nos teñen levado a actual situación. Propiciar un modelo de goberno municipal transparente e honesto coa xestión dos recursos do noso concello, non só os económicos.

Por iso lanzamos dende aquí a iniciativa de construír entre todas e todos a candidatura de unidade popular que nos leve, de unha vez por todas á recuperación do noso concello para a maioría social do pobo.





Formulario de adhesión ao manifesto: