Amosando publicacións coa etiqueta participación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta participación. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de abril de 2015

RECUPERACIÓN CASCO VELLO DE PONTEAREAS


Este proxecto radica na recuperación do patrimonio antigo, cultural e etnográfico da zona coñecida como “casco vello” onde naceu a vila de Ponteareas.

Arco da antiga iglesia de San Gregorio encostrado nunha estructura
 posterior que pasaría logo a ser o baile, contan quefai entorno 
 70 anos no baile inda se podería ver o altar da igrexa.
Desta forma tratase de recuperar a historia e tradicións dos inicios da vila e seu proceso de crecemento durante os séculos e diferentes fases. O estado actual da zona vella e ruinoso e abandono, conservando súas estruturas de forma parcial pero que inda nos dan unha visión como era a nosa vila fai un século atrás. Tamén inda quedan restos dos inicios que poden datar de entorno o século XVII pero que foron modificados por construcións posteriores como a igrexa de San Gregorio ou antiga Praza Maior, a día de hoxe case desaparecida co nome de Recuncho da Praza Vella.

xoves, 26 de marzo de 2015

Primarias e programa colaborativo


Saúde compañeiros e compañeiras, seguramente moit@s de vos os preguntabades por estas dúas ferramentas que outras candidaturas de unidade popular xa teñen en marcha.

Pois ben, ao logo da vindeira fin de semana iremos publicando no Blogue, facebook e twitter os regulamentos e prazos das #primariasARDT e a páxina do programa, onde se incluirán as propostas recollidas ata o de agora e poderedes facer as vosas propias, ademais, como non, de comentar e darlle difusión a aquelas que vos semellen máis interesantes para a vila.

Estade atentos as redes, as novas formas de participar na política están a piques de chegar a Ponteareas.