xoves, 16 de abril de 2015

RECUPERACIÓN DO SOLO INDUSTRIAL EN PONTEAREAS


O Polígono da Lomba.


Algunhas naves do parque.
Na actualidade a situación Ponteareán no sector industrial e nefasta, atopándonos nunha das zonas máis industriais da Galiza como e a area de Vigo, a estas alturas no ano 2015 Ponteareas inda non ten ningunha zona industrial legal nos seus lindes, e parte da súa industria de antano xa cerrou súas portas.


Moitas empresas non se instalan en Ponteareas mesmo sendo seus donos de aquí porque non existe solo legal, e isto inflúe moito ata para concursar no mercado empresarial, ademais da falta de servizos, medios e infraestrutura para a mesma. Por estas causas a maioría de operarios laborais de Ponteareas vinculados a industria teñen que buscar traballo ou desprazarse a municipios dos redores que si contan cunha industria importante e ordenada en solo industrial (O Porriño, Mos, Vigo, Salvaterra…)

A maioría da pouca industria que queda en Ponteareas atopase espallada polo concello e, en moitos casos, no medio de zonas urbanas, o cal dificulta a vida destes lugares. O lugar onde temos máxima concentración industrial é na zona da Lomba, que afecta as parroquias de Ponteareas (barrio da Ponte), Areas (A Lomba) e Ribadetea (Cruceiro da Lomba). Mesmo así, esta industria se atopa en solo ilegal, desordenada e sen servizos (saneamento, infraestruturas viais, recollida de lixo industriais), ademais de estar moi preto das casas e, ademais, desaproveitando terreos apropiados para parcelas industriais na mesma.

Moitas das empresas máis coñecidas e con máis traballadores xa cerraron as súas portas como a cooperativa Avigán, Cerámicas Ponteareas, Hormigones Areas ou Lake Oil. Por iso propomos un plan de ordenanza, con servizos e infraestrutura, que non dane a natura e o solo urbano e deportivo da zona que, conserve a industria do concello e mesmo axude a asentar outra nova. Aquí a proposta para o Polígono da Lomba:

  1. Vista aerea de parte do polígono.
    Legalización do solo industrial do Polígono da Lomba, protexendo as zonas urbanas como os barrios da Lomba, A Freixa ou a Ponte e as súas zonas naturais e forestais, ademais da area deportiva da Lomba e o Tea e os seus regatos. O polígono aproveitaría as parcelas centrais a día de hoxe sen uso dende a zona de Maderfri (A Ponte) ata Avigán (Ribadetea), no eixo sur-norte e dende a estrada comarcal Ponteareas-Pazos de Borbén ata o Cabaleiro (Ribadetea-Areas), no eixo este-oeste.
  2. Nova infraestrutura víal de acceso ó mesmo, creando unha estrada dende a N-120 ata o polígono pola zona despoboada de Portocastro, para non afectar as estradas secundarias locais da contorna. Acondicionar o seu saneamento, así como independencia eléctrica e recollida de lixos industriais na zona.
  3. Organizar e dividir o polígono en parcelas e bulevars, con rede eléctrica e aparcamentos para turismos e transporte pesado.
  4. Creación de espazos verdes e recreativos, sobre todo nas zonas que lindan con solo urbano como A Freixa, A Ponte e A Lomba e a súa area deportiva, así protexerían e farían mesmo de barreira entre polígono e casas. O mesmo coas zonas forestais e agrícolas.
  5. Edificación dun recinto para formacións laborais e innovacións, así como servizos (cafetería, repostaxe, lavados…).
  6. Edificación dun recinto para oficinas e pequenas PEMES, así estas que non necesitan dunha nave industrial para seu desenvolvemento tamén poderían instalarse no polígono. Aquí tamén estaría instalada a administración e o servizo directo do mesmo.
  7. Propostas a outras industrias espalladas polo concello para que se instalaran no polígono, dándolle facilidades de traslados as mesmas.
  8. Por atoparse preto de zonas urbanas, previr este polígono de industrias contaminantes.
Nave do polígono
Estas adaptacións e organización legal do polígono da Lomba sería posta tamén en función da decisión dos veciños e colectivos da zona, para que os mesmos decidan a súa viabilidade. Con isto, polo menos, tentaríamos manter a pouca industria que temos e que mesmo puidera crecer e competir e así crear postos de traballo na mesma Ponteareas.


O segundo plan no futuro sería un novo polígono na zona onde se atopa o proxecto do polígono de Guláns, o lado da autoestrada A-52, o cal a este paso non se comezara a construír nunca. Fomentar nun futuro este novo polígono sería outro paso o fortalecemento industrial de Ponteareas, pois pola súa estratéxica localización, o pe da autoestrada Vigo-Ourense, podería ata ser un punto de referencia no sector do transporte. 


Autor: Jonathan Zuñiga.

1 comentario: